Oza-Cesuras decreta dous días de loito polo asasinato dun neno nun monte do municipio

O Concello de Oza dos Ríos

O Concello de Oza-Cesuras decretou onte dous días de loito oficial polo asasinato dun neno de 11 anos nun monte do municipio a mans, presuntamente, de seu pai, xa detido. Por este motivo, desde onte pola mañá, as súas bandeiras ondean a media asta e chama aos veciños a secundar un minuto de silencio hoxe, ás 12.00 horas, ante o Concello en Oza dos Ríos.  O mesmo ten feito o Concello da Coruña, mentres que o Parlamento de Galicia tamén gardou onte un minuto de silencio en repulsa pola morte violenta do pequeno.

Advertisements