Amigos do Pasatempo organiza unha busca do tesouro o Día das Letras

Un cisne no estanque do Retiro do Pasatempo

Percorrer o Pasatempo na busca de “12 obxectos típicamente galegos que se poden atopar ocultos no Parque”. É a proposta coa que a Asociación de Amigos do Pasatempo pretende “encher o Parque de xente e facer que os máis pequenos comecen a familiarizarse con esta obra tan especial” a partir das 11 da mañá do vindeiro 17 de maio.

O plan é unha busca do tesouro, guiada por un mapa. “Queremos que veñas a atopar ca axuda dos máis pequenos da casa” indican no anuncio do evento na rede social facebook. “Interrumpindo esta búsqueda do tesouro teremos a algún voluntario contando os contos de Carlos Casares, o homenaxeado este ano” no Día das Letras Galegas.

“Repartiremos premios entre os primeiros que consigan superar o reto e atopar todas as pezas que están agochadas…pero diante dos nosos ollos” indican. Contan coa colaboración do Concello.

Advertisements