Bergondo analiza as fontes e advirte que 23 mananciais naturais non son aptos para consumo

A fonte dos Ánxeles está no camiño dos Caneiros

O Concello de Bergondo ven de realizar unha analítica aos 41 mananciais naturais ubicados no municipio, instalando sinalización nas fontes para informar dos resultados da análise da calidade das augas. A intención do executivo local é verificar as condicións das fontes naturais cando menos anualmente.

En total hai 18 mananciais que presentan un bo resultado, mais que quedan rotulados igualmente como auga sen garantías sanitarias, tal e como establece o decreto que establece os criterios sanitarios da calidade do auga de consumo humano debido a que esta auga non procede da traída nin conta cun tratamento de potabilización. Outros 23 non presentan condicións aptas para o consumo.

Advertisements