Feridas dúas mulleres nun accidente na AP-9 en Guísamo

A peaxe da AP-9 en Macenda, en Piadela

Dúas mulleres resultaron feridas ao mediodía de onte tras envorcar o seu vehículo na autopista AP-9 á altura de Guísamo. Ao parecer a condutora perdeu o control do seu turismo e saíuse da vía por causas que se descoñecen nun lugar moi próximo á peaxe. As mulleres tiveron que ser excarceradas polos bombeiros de Betanzos, desprazados ao lugar polo 112, que tamén enviou á Garda Civil de Tráfico, 061 e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Bergondo.

Axentes da Garda Civil tiveron que regular o tráfico na zona durante o tempo que duraron as tarefas de rescate, que concluíron co traslado en ambulancia das mulleres, de cincuenta e setenta anos, ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, onde foron recoñecidas con prognóstico reservado.

Advertisements