O PDSP asegura que a finca presentada por Anido como aval vale menos que a fianza exixida

Ernesto Anido entrando ao Pazo de Xustiza betanceiro

Continúa o serial a conta do xuízo oral aberto polo xulgado nº1 de Betanzos contra o exalcalde de Sada e actual voceiro do PP na localidade, Ernesto Anido. Segundo o Partido Demócrata Sada Popular (PDSP), exsocio de goberno do PP, a finca que Ernesto Anido presentou como aval para constituír a fianza que lle exixe o xulgado é en realidade “unha praza de garaxe”, aseguran.

Precisamente un dos edís do PDSP é o que formula a acusación particular neste xuízo por persunta prevaricación do exrexedor. O PDSP sostén que esta praza de garaxe ubicada na betanceira rúa Pintor Seijo Rubio ten un valor catastral que “está moi por baixo do importe da fianza requirida”.

Anido presentou un escrito ao xulgado no que declaraba que non tiña “capacidade económica” para abonar a fianza “en tan breve período de tempo” e no que ofrecía unha finca da empresa do seu irmán.

Tanto o PDSP como Sadamaioría e o BNG pediron a dimisión de Ernesto Anido como concelleiro na Corporación sadense.

Advertisements