Fallados os premios do VII concurso de creación literaria

O xurado do VII Concurso de creación literaria, reunido hoxe pola mañá na Sala de Xuntas do Liceo, decidiu outorgar os seguintes premios. Na categoria de estudandes de ESO o primeiro premio foi para “A casa encantada” de Elena Luaces Lázaro e o accésit: “Os que se querían” de Lucía Rodríguez Travanca.

En bacharelato e ciclos formativos foi premiado “Vida vermella” de Esther Criado Rodríguez e leva áccésit “Incógnitas”, de Patricio Salerno López. Na categoría aberta o primeiro premio foi para “Unha mañá no parque” de Eduardo Lorenzo Martínez e accésit para “Inverno, Afecto placebo” de Sara Criado Rodríguez.

Os membros do xurado destacaron a calidade e a orixinalidade dos textos presentandos. A entrega dos premios terá lugar o martes 16 de maio ás 19:30 h no Salón Azul do edificio Liceo, xunto coa entrega dos premios do VIII Concurso de carteis das letras galegas. Os textos gañadores do VII Concurso de creación literaria publicaranse na web municipal nos vindeiros días.

Ademais, desde o día 16 estará nos balcóns dos edificios municipais a mostra “Mil palabras polo galego”, realizada polo alumnado do CEIP Francisco Vales Villamarín con motivo do Día das Letras Galegas. Esta actividade está organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística do CEIP Francisco Vales Villamarín en colaboración co Concello de Betanzos.

Advertisements