O goberno local reparte bolsas para promocionar a praza de abastos

Vista do mercado de abastos municipal

Desde hai tres anos a Xunta de Galicia, a través de a Dirección Xeral de Comercio e Consumo, celebra a campaña “Quere ou teu mercado”, co obxectivo de apoiar, promocionar e visibilizar o papel dos mercados nas cidades, potenciando así a compra do produto local ao mostrar a profesionalidade dos praceiros e praceiras
“Quere o teu mercado” é a lema en galego da Campaña Internacional dos mercados, unha iniciativa que a Xunta de Galicia promove en colaboración cos Concellos, as Prazas de Abastos e as Federacións e Asociacións de comerciantes. Por terceiro ano consecutivo e durante a segunda quincena do mes de maio, organizaranse actividades en máis de 90 mercados de Galicia, distribuídos por todo o territorio, incentivando así a creación de novos negocios para a revitalización deste sector do comercio.

En apoio a esta campaña o concello de Betanzos repartirá ao redor de 1500 bolsas coa lema serigrafíado “Mercados municipais calidade preto ti” e que se repartirán entre a clientela habituais do mercado. Estas bolsas fabricadas cun tipo de plástico resistente chamado “non woven laminado”, teñen como obxectivo promocionar o mercado municipal de Betanzos. Segundo o goberno local, “unha actividade máis para mellorar e impulsar o mercado como acción dinamizadora tamén do centro histórico”.

Advertisements