O Betanzos vence en Chantada e garante a permanencia

Dó de urxencias en O Sangoñedo entre o Betanzos e un Chantada que precisaban como auga de maio os tres puntos. Os locais para colarse na parte alta da táboa e os visitantes para poñer terra de por medio coa zona baixa e evitar os arrastres que o poidan devolver a Primeira Rexional.

Así os locais saíron a por todas, e desde a media hora de xogo ían xa perdendo grazas a unha contra do Betanzos, que aproveitou as liñas abertas dos locais. Tras o pase por vestiarios os chantadinos miraron de facer un fútbol máis directo, colgando máis balóns sobre a portería rival. Mais o fallo nos disparos e a actuación do meta betanceiro permitiron sumar aos rojillos tres puntos que supoñen xa consolidar matematicamente a permanencia en Preferente.

Advertisements