O PP denuncia que a falta de limpeza provoca que haxa ratas no centro

Moreas de lixo sen recoller

O PP denunciou a presenza de ratas nas rúas da cidade e demandou “unha maior intensidade na limpeza urbana así como medidas concretas para erradicar unha problemática que se vén dando desde xa fai bastante tempo e que na actualidade segue sen resolverse”. Aseguran que nas rúas contiguas ao Campo hai roedores e que “residentes destas zonas veñen demandando e queixándose desde fai bastante tempo sobre esta situación, incidindo ademais en que a limpeza viaria por parte da administración local non está sendo todo o esixente que debería de ser”.

O PP asegura que isto dá “unha clara imaxe do goberno socialista no que se refire ao seu deixamento e pasotismo ante as queixas dos veciños” e sostén que “a falta de limpeza urbana existente na cidade, é unha das claras responsables da presenzas deste tipo de roedores e que ofrecen unha máis que lamentable imaxe da cidade ademais de xerar un situación de total insalubridade e risco para os residentes e veciños betanceiros”. O PP responsabiliza ao goberno local desta situación “que vén dada obviamente pola desidia no apartado da limpeza”.

Advertisements