Oroza di que suma o apoio da FEMP ao de En MArea para adiar a devoluicion do credito

Ricardo Sánchez Oroza, alcalde de Miño, coa deputada de En Marea Yolanda Díaz

Tras recibir por boca da deputada Yolanda Díaz o apoio de En Marea, que pedirá no Congreso ampliar ata 30 anos o prazo para devolver o crédito de 12,5 millóns de euros acordado polo executivo local de PP e MPA, o alcalde de Miño recibiu á conselleira de Vivenda, Ethel Vázquez. A conselleira visitou as obras realizadas nas rúas Real e Galea para mellorar a accesibilidade, financiadas polo seu departamento.

Segundo explica o propio alcalde no seu facebook “na rúa Galea levouse a cabo a modificación das aceras para aumentar o ancho das mesmas e, por outra banda, tamén se procedeu á modificación do pavimento, á mellora da iluminación pública e á ordenación do aparcamento” mentres que na rúa Real “reforzouse a pavimentación das zonas de roderas de vehículos”. No transcurso da visita, segundo o alcalde, “entregouselle unha copia do proxecto do viveiro de empresas que o governo local proxecta na antigua escola de Gallamonde”.

O rexedor explica na mesma rede social, ademais, qeu mantivo unha conversa co secretario xeral da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). O rexedor inscribe a chamada telefónica no “conxunto de entrevistas que estou a manter para os efectos de poñer en coñecemento dunha serie de Institucións a delicada situación financeira pola que atravesa o noso Concello e tamén para solicitar o seu apoio para os efectos de conseguir que se nos outorgue maior prazo de amortización no pago do crédito mediante o cal Miño pagou 12,5 millóns aos expropiados por Fadesa”.

Oroza insiste en que “seguiremos facendo todo o que faga falla para que isto non signifique un axuste nos impostos que vaia directamente ao peto dos veciños ou que poida significar un diminución na calidade dos servizos que recibimos” sen explicar como pretende facer isto último. Asegura ter recibido o “firme compromiso para colaborar no que sexa posible desde a FEMP para alcanzar este obxectivo”.

Advertisements