Festival de food trucks e teatro para a fin de semana

A fin de semana ven cargada de eventos de lecer na nosa cidade. Durante toda a fin de semana estará no Campo unah concentración de food trucks, que ademais de especialidades culinarias contan cun programa paralelo de actuacións musicais.

Pero a oferta de lecer é moito máis ampla. Ás oito da tarde do venres o Salón Azul do Edificio Arquivo acolle a presentación do libro titulado “Travesía cebola. Diario dunha aprendizaxe” da escritora Eliana Bouzas Collazo. A programación do goberno local compite neste caso en oferta e franxa horaria coa presentación que para a mesma hora ofrece a Libraría Biblos, que presenta no seu salón de actos desde as oito do serán “Dramas de companhia”, do escritor e xornalista portugués André Domínguez, coa presentación deInma Doval.

Na mesma praza da Verdura, o Café Lanzós programa desde as dez e media da noite o concerto de Kómodo. A banda compostelana ofrecerá rock e blues aos asistentes.

O sábado, ás oito do serán, na Aula de Cultura terá lugar a representación teatral da obra “Arsénico por compaixón” que correrá por conta do grupo Teatro Muxicas (ONCE) composto na súa maior parte por actores e actrices invidentes. Entrada de balde ata completar aforo.

O mesmo escenario servirá o domingo para o concerto do cuarteto de tubas do Conservatorio Profesional de Música de A Coruña. Entrada de balde ata completar aforo.

Ademais seguen estas mostras abertas:

  • Exposición “Mil palabras polo galego”
    Do 16 ao 21 nos balcóns dos edificios municipais, realizada polo alumnado do CEIP Francisco Vales Villamarín con motivo do Día das Letras Galegas. Esta actividade está organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística do CEIP Francisco Vales Villamarín en colaboración co Concello de Betanzos.
  • Xornadas de portas abertas no Museo das Mariñas
    Do 1 ao 31, desenvolveranse as Xornadas de portas abertas no Museo das Mariñas en horario de 10:00 h a 13:00 h e de 16:00 h a 20:00 h de luns a venres, e os sábados de 10:30 h a 13:00 h. Organiza o Concello de Betanzos.
  • Exposición dos debuxos participantes no VIII Concurso de carteis das Letras Galegas
    Do 2 ao 31, exposición dos debuxos participantes no VIII Concurso de carteis das Letras Galegas no Edificio Arquivo en horario de 10:00 h a 13:00 h e de 18:00 h a 20:30 h os días laborables e de 11:00 h a 14:00 h os sábados. Organiza o Concello de Betanzos.
  • Exposición no edificio Liceo sobre a vida e obra de Carlos Casares
    Do 2 ao 31, exposición no Edificio Arquivo sobre a vida e obra de Carlos Casares da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, en horario de 10:00 h a 13:00 h e de 18:00 h a 20:30 h os días laborables e de 11:00 h a 14:00 h os sábados. Organiza o Concello de Betanzos.
  • Exposición bibliográfica sobre a vida e obra de Carlos Casares
    Do 2 ao 31, na Biblioteca Municipal A. Castelao, terá lugar unha exposición bibliográfica sobre a vida e obra de Carlos Casares, no horario habitual da biblioteca, de luns a venres de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 21:00 h e os sábados de 10:30 h a 13:00 h. Organiza o Concello de Betanzos.
  • Exposición de obra gráfica titulada “Encontros comigo mesmo”
    Do 5 ao 28, terá lugar na Sala de Exposicións do Edificio Arquivo a exposición de obra gráfica composta de xilografías e collages do artista betanceiro José Valentín titulada “Encontros comigo mesmo” en horario de 10:00 h a 13:00 h e de 18:00 h a 20:30 h os días laborables e de 11:00 h a 14:00 h os sábados.
  • Exposición “Semana Santa de Betanzos 2017” na que se amosarán aquelas fotografías que se presenten ao concurso convocado ao efecto pola Confraría de Semana Santa de Betanzos xunto coas instantáneas da mesma temática de diversos profesionais
    Do 5 ao 28, na entrada da Sala de Exposicións do Edificio Arquivo, en horario de 10:00 h a 13:00 h e de 18:00 h a 20:30 h os días laborables e de 11:00 h a 14:00 h os sábados.
  • Exposición de obra gráfica do artista David Calle
    Do 18 de maio ata o 30 de xuño, na Fundación CIEC desenvolverase a exposición de obra gráfica do artista David Calle (Barcelona, 1993) titulada “Lapso”. Horario de visitas, de martes a sábado de 10:00 h a 14:00 h e 17:00 h a 21:00 h.
Advertisements