Sada organiza un festival de músicas de taberna esta fin de semana

Máis de trinta grupos folclóricos, entre bandas locais e visitantes, encherán uns 25 locais hostaleiros sadenses de música de taberna. Será dentro da primeira edición do Día da Troula, a enésima festa organizada pola Concellería de Promoción Económica e Turismo para “recuperar unha tradición demandada polos hosteleros” como gancho para “atraer ao público”.

As actuacións polos locais comezarán ás 11.00 horas e estenderanse ata as 15.00 horas. A continuación, os músicos realizarán un pasarrúas polo mercado sobre as 17.30 horas para terminar nunha gran foliada na carpa do paseo marítimo desde as 19.00 horas ata as 01.00 horas.

Advertisements