Bergondo contrata por 12 000 euros unha empresa privada para avaliar o funcionamento de Viaqua

Juan Fariña (sentado), voceiro de En Marea e tenente alcalde, e detrás a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez (PSOE)

O goberno municipal de Bergondo contratou á empresa Terravanza (Gabinete de Estudos Territoriales Avanzado, SL), para realizar a avaliación do estado actual e o funcionamento do servizo de abastecemento de auga e saneamiento do municipio. Segundo o bipartito PSOE-Anova, o cometido deste exame encargado a unha consultora privada é averiguar o “cumprimento do actual contrato por parte da concesionaria” ademais de analizar “se unha xestión directa” supoñería unha mellora do servizo.

A realización desta auditoría foi unha das condicións do Anova para negociar un posible pacto de goberno. A encomenda á empresa privada desta análise custará aos bergondeses 10 000 euros mais o correspondente IVE- en total uns 12 100 euros- e deberán tela lista en cinco meses. Deberá analizar vantaxes e inconvenientes entre xestión directa e indirecta e realizar un estudo xurídico-administrativo do contrato actual. Esta empresa privada terá, pois, que analizar se outra empresa privada, Viaqua, cumple o seu contrato.

Advertisements