Cento cincuenta deportistas no primeiro torneo de taekwondo de Oza-Cesuras

O I Torneo Concello de Oza-Cesuras de teakwondo reuniu esta fin de semana a máis de 150 deportistas no pavillón do colexio de Cesuras. Participaron a escola de Taekwondo Garrapucho da Coruña, o Moo Duk Kwan Vilalba, o Boudsport de Ordes, o Center de Oleiros e o Club Kwon de Betanzos, organizador xunto ao ANPA do colexio Forte Bragade e o Concello.

Advertisements