Eira Vella presenta “Patrimonio da comarca das Mariñas” e Biblos “Blues para Moraima”

A Asociación Cultural Eira Vella ven de publicar o libro “Patrimonio da comarca das Mariñas”, do que son autores Xosé María Veiga Ferreira e Juan Sobrino Ceballos. Ambos participarán o vindeiro xoves, desde as oito e media do serán no Salón Azul do Edificio Arquivo, na presentación do volume.

Antes, hoxe ás oito do serán, a Libraría Biblos acolle a presentación de “Blues para Moraima”, de Miguel Anxo Fernández e publicado por Galaxia, coa presenza do autor,

Advertisements