O PDSP reclama á Oficina Anticorrupción do PP que actúe fronte a Ernesto Anido

Ernesto Anido entrando ao Pazo de Xustiza betanceiro

O Partido Demócrata Sada Popular (PDSP) trasladou á Oficina Anticorrupción do Partido Popular toda a información relacionada coas dilixencias penais que se seguen contra o excalde Ernesto Anido. O partido- unha escisión do propio PP tras arrebatar a alcaldía da vila ao BNG co apoio dun tránsfuga do PSOE- recorda que tras a apertura de xuízo oral contra Anido por un delito de prevaricación, este xa pediu a baixa do PP pero segue como portavoz do grupo municipal.

Advertisements