Miño pecha o albergue de peregrinos para transferilo á Xunta

Igrexa de San Martiño de Tiobre, no Camiño Inglés

Cando o Camiño Inglés volve encherse de xente tras a baixada que rexistra durante os invernos, o goberno municipal de Miño pechou o albergue de peregrinos qeu rexenta. E permanecerá pechado ata que o Xacobeo o integre na súa rede de establecementos, debido a que o Concello acordou traspasalo á empresa pública galega para desfacerse de servizos que non son estrictamente municipais, seguindo as recomendacións do plan da Intervención para afrontar o pao da expropiación de Costa Miño Golf que oficialmente o executivo de PP e MPA- o partido creado polo alcalde tras ser expulsado de CxG- rexeita.

O peche colleu co pé cambiado a un grupo de peregrinos, que se viron forzados a buscar sobre a marcha outro lugar no que pernoctar. O sorpresivo pechadura suscitou as queixas do PSOE, que criticou os prexuízos derivados da falta de información.

Advertisements