Sada celebra a súa VIII Festa da Xiba esta fin de semana

A Terraza de Sada

Sada celebrará este fin de semana a oitava edición da Festa da Xiba, na que participarán 35 locais hostaleiros e nas que se repartirán ao redor de 600 quilos de xiba. O concelleiro de Promoción Económica, Liss Suárez Becerra, explica que o festexo pretende “promocionar este produto de ría con varias rutas de tapeo que percorren a vila”. A cita gastronómica estará amenizada pola orquesta Tombalobos, que ofrecerá un concerto baixo carpa na Praza Irmáns Suárez Picallo a partir das 19.30 horas do sábado.

Advertisements