BN súmase ás críticas polos verquidos aos ríos

Imaxe do verquido. Fotografía remitida polo BNG

Nos últimos meses veñen reiterándose os verquidos aos ríos e a ría en distintos puntos do seu percorrido. Se nas pasadas semanas era o BNG quen denunciaba varios focos e hai uns meses trasladou os verquidos do polígono ao Parlamento, demandando localizar e sancionar aos responsables e reclamando ás administracións responsables que poñan fin aos verquidos, agora é Betanzos Novo quen se suma á denuncia.

Anuncian que levarán ao pleno unha moción pedindo ao goberno local que encargue un informe para redactar un “plan” para renovar a rede de saneamento ou erradicar verquidos. Demandan que neste “informe técnico exhaustivo sobre os vertidos incontrolados” que detalle “as súas causas e os seus efectos sobre o medio natural e humano” no “prazo máximo de tres meses”, e redactar a partir de aí un “programa” para afrontar a renovación da rede de saneamento e construción de bombeos.

Advertisements