Diego Fernández anuncia a contratación dun proxecto para o Pasatempo sen orzamentos

Diego Fernández é o concelleiro de persoal e economía de Betanzos

O pasado sábado, e por medio dunha exclusiva ao xornal La Voz de Galicia, o goberno local anunciaba a inminente contratación dun consulting privado para a redación do proxecto de rehabilitación do parque enciclopédico do Pasatempo. O concelleiro de persoal e economía, Diego Fernández, comparecía en calidade de “tenente de alcalde” para anunciar que “de inmediato” contratarán o proxecto.

Aseguraba no rotativo coruñés que “a Xunta mostrouse receptiva, pero dependemos dá súa contestación, senón debémolo asumir nós e por iso dispuxemos dunha partida de 160.000 euros para a redacción” asegurando que os traballos para redactar o proxecto de rehabilitación deben comezar “de inmediato” porque é “urxente” actuar agora no Pasatempo. Na exclusiva ao diario de Sabón ao actual alcalde tocoulle ter a intervención máis crítica coa Xunta, asegurando estar “á espera de que a Xunta teña a vontade e teña a solución para podernos atender” presionando ao goberno galeco con agardar un “tempo prudencial e senón ou Concello asumiría a contratación”.

 

A pesar do anuncio do concelleiro de economía e segundo tenente de alcalde, os orzamentos en vigor- os de 2016 prorrogados- non teñen ningunha partida de 160 000 euros nos programas relativos a parques, xardíns e zonas verdes nin nos de protección do patrimonio para estudos e traballos técnicos como a redación do proxecto.

Estudos e traballos técnicos no orzamento vixente. Extraído de aquí. Para coñecer cada código consulta o detalle aquí.

Non hai, polo tanto, fondos no orzamento vixente para facer fronte ao anuncio realizado a pasada fin de semana por Diego Fernández, concelleiro de Economía. O  proxecto cuxa redación o PSOE anuncia que contratará “de inmediato” é o mesmo que en setembro do pasado ano, na última semana das eleccións autonómicas, anunciaron que xa tiñan na man. De feito, mesmo cuantificaba o investimento necesario en 1,3 millóns de euros. O 29 de setembro anunciaban, como publicou Xornal de Betanzos, que presentaban ese mesmo proxecto de rehabilitación á Deputación para recabar financiamento.

Cando o BNG solicitou derivar á execución dese proxecto ante o estado de abandono do parque tanto o Plan de Obras da Deputación como o convenio para o paseo do Mandeo, ademais de dispoñer fondos municipais para a tarefa, o goberno local mudou a terminoloxía: de ser un proxecto de rehabilitación pasou a ser unha “memoria”, un “anteproxecto” e outros vocablos que daban a entender que era un traballo previo e non o proxecto de rehabilitación anunciado polo goberno local nunha nota de prensa oficial o 22 de setembro, extremo denunciado reiteradamente polos nacionalistas.

Advertisements