O clube de xadrez organiza o XI San Roque, con puntos ELO en xogo

Un xadrez da cerámica galega Do Castro

O vindeiro seis de agosto, desde as catro da tarde, o Matadoiro da Ribeira acollerá a desputa do XI Torneo San Roque-Cidade de Betanzos de Xadrez, na modalidade de partidas rápidas. O torneo, organizado polo Clube Xadrez Betanzos, contará con dúas modalidades, para xogadores federados e non federados, e con tres categorías, absoluta, sub16 e sub10.

Os xogadores federados optarán, ademais, a puntos ELO FIDE, un método matemático baseado na estatística que serve para calcular a habilidade dos xogadores de xadrez a fin de comparar o seu potencial e clasificar un ránking que leva de afeccionados a mestres internacionais do xogo de reis.

Advertisements