A AT Mariñán recibe o 1º Premio na Mostra de Teatro Afeccionado de Zas

A agrupación Teatral Mariñán ven de recibir o primeiro premio na II  Mostra de Teatro Afeccionado de Zas, clausurada o pasado 28 de maio no auditorio da localidade de Baio. O xurado da Mostra, composto por membros do concello de Zas e do Grupo de Teatro Badius, concedeu a “O de menos é o nome” o 1º premio dunha mostra que tivo lugar durante os meses de abril e maio nas localidades de Zas e Baio.

Este premio suma o séptimo dos concedidos a “O de menos é o nome” e confirma o éxito desde espectáculo que foi representado nas catro provincias galegas desde o seu estreno en xaneiro de 2016. As vindeiras representacións serán en Teo (xuño) e en Serra de Outes (outubro).

A Agrupación Teatral Mariñán é a organizadora do Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos, que enche de obras amateur a Aula de Cultura durante os seráns de febreiro.

Advertisements