O 1 de xuño abre o prazo para solicitar praza no comedor escolar e en mañanceiros

As dependencias de Servizos Sociais están nas Escolas García Irmáns

O Concello abrirá o próximo 1 de xuño o prazo de inscripción no servizo de comedor e madrugadores do CEIP Francisco Vales Villamarín. Os interesados poderán presentar a súa solicitude nas oficinas de Servizos Sociais, ubicadas nas Escolas do Asilo, ata o 30 de xuño en horario de 9.00 a 14.00 horas. Hai varias bonificacións previstas e os interesados terán que analizar se lles corresponde algunha e pedila, porque no caso contrario non se lles aplicará, segundo establece a ordenanza fiscal que fixa as tarifas.

Sinala o goberno local que o comedor escolar atendeu o ano pasado a 280 alumnos e ao redor dun centenar beneficiáronse das axudas.

Advertisements