Unha unidade móbil recollerá doazóns de sangue no Campo os días 5 e 6

 

Vista parcial da praza do Campo

Os vindeiros luns 5 e o martes 6 de xuño, de 16:00 h a 21:00 h, unha unidade móbil da  Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que integra o traballo do Centro de Transfusión de Galicia, recollerá doazóns de sangue recollidas na praza do Campo. A axencia fai un chamamento á colaboración para “tratar de acadar as 500 doazóns de sangue que precisamos cada día para axudar a centos de enfermos”.

Advertisements