A asociación Mirabal recibe apoio da Xunta para un programa de asistencia a vítimas de violencia machista

O lazo morado simboliza a loita contra a violencia de xénero

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, entrevistouse coa presidenta da Asociación Mirabal, Ana Saavedra. O obxectivo do encontro foi abordar a evolución programa Mimosa 2016/2017 de apoio a mulleres vítimas de violencia de xénero, unha iniciativa promovida por esta entidade e que conta coa colaboración financeira do goberno autonómico.

En concreto, a Asociación Mirabal ten recibido unha axuda de máis de 16.000 euros ao abeiro da orde de subvencións para entidades de iniciativa social que desenvolven programas de atención de mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

O programa Mimosa 2016/2017 ten como obxectivo prestar atención integral e acompañamento a mulleres vítimas de violencia de xénero. Ao longo da súa vixencia, desenvolverá actividades nos concellos da Coruña, Oleiros, Sada, Bergondo, Betanzos, Miño, Coirós, Curtis, Oza-Cesuras, Pontedeume, Irixoa, Cambre, Culleredo, Arteixo, e Abegondo.

Advertisements