O Alfonsetti acollerá un festival de videoarte os vindeiros 9 e 10 de xuño

As proxeccións serán no Alfonsetti

O Concello de Betanzos e Latamuda, unha productora de arte contemporánea organizan o I Festival de Videoarte de Betanzos. O I Festival de Videoarte de Betanzos reunirá en 2 días no cine Alfonsetti algunhas das expresións artísticas audiovisuales de carácter internacional, estatal e galego.

BetaFest, Festival de Videoarte de Betanzos, organizado por Francisco Porto, director de Latamuda Arte Contemporánea e o Concello de Betanzos, terá lugar entre o 9 e o 10 de xuño de 2017 no que foi o cine máis antigo de España, o cine Alfonsetti. Betafest está dividido en 2 xornadas. A primeira xornada está enfocada ao videoarte e audiovisual nacional e internacional. A segunda xornada conta ademais do visionado das pezas coa presenza dos artistas que comentarán os seus proxectos unha vez finalizada cada unha das visualizaciones. Unha segunda xornada no que o videoarte galego é o protagonista.

O I Festival de Videoarte de Betanzos estará dividido en 2 xornadas. A primeira xornada terá lugar o día 9 de xuño ás 20:00h na que se producirá a presentación do festival a cargo do seu director e comisario Francisco Porto acompañado do resto de autoridades e a visualización de varias pezas dos seguintes videoartistas: Patricia Esquivias (videoartista que vén de participar no Museo Reina Sofía e estará a mediados do mes de xuño no CGAC (Santiago de Compostela), Branca Graza, Albert Merino, Nuno Sousa e Anna Katharina. Esta primeira xornada visualizará diferentes formas de traballar no videoarte tanto no ámbito nacional como internacional.

A segunda xornada, sábado 10 de xuño, terá o seu comezo ás 18:00h e contará con máis de 10 artistas que comentarán ao final das proxeccións cada unha das súas pezas. Este espazo de videoarte comentado quere interactuar co público presente directamente. Os artistas que participarán son os seguintes: Laura García Calleja, Ana Pérez Valdés, Ignacio Rivoira, Jorge Leonardo Sánchez, Alejandro Villar, Catarina Mosquera Pena, Andrea Torres, André Anta Pereira, Nilo Arias e Xoán Anleo. Previamente presentarase o trailer de Manu Viqueira “O Pasatempo”,un fashion filme no que o parque temático é o protagonista. Tamén contaremos coa profesora e videoartista Sol Alonso na que poñerá de relevo en contexto do videoarte e a Universidade.

Advertisements