O PSOE de Miño denuncia que o goberno local impide que acceda a documentación municipal

Faraldo, portavoz do PSOE de Miño

O PSOE de Miño denunciou onte as “trabas” que o goberno local ppon ara darlles acceso á información. A formación fixo públicas unhas resolucións do alcalde e concelleiro de Transparencia, Ricardo Sánchez, nas que demora ao 10 de agosto a solicitude de acceso a uns documentos presentada o pasado 10 de maio. “Tarda tres meses en facilitarnos cinco fotocopias”, criticaron onte os socialistas a través dun comunicado remitido aos medios.

O seu portavoz, Manuel Vázquez Faraldo, sospeita que estas “trabas” responden ao interese do rexedor en non permitirlles acceso aos expedientes ata que os asuntos “caduquen”. Os socialistas non dan por boas as explicacións do alcalde, que di non querer sobrecargar aos funcionarios, e denuncian as prácticas “oscurantistas” do edil da “verdadeira esquerda de Miño”, segundo Oroza dicía en campaña. Non é a primeira vez que o PSOE denuncia este extremo.

En Betanzos o PSOE fai o mesmo

A dez quilómetros de Miño, o BNG ten denunciado en numerosas ocasións que o goberno local do PSOE fai exactamente o mesmo que os socialistas cuestionan en Miño. Os nacionalistas chegaron a denunciar en varias ocasións ante o Valedor do Pobo as trabas ao acceso aos expedientes que pon o goberno do PSOE betanceiro.

Advertisements