O Santo Domingo abre a inscrición para o campus de verán

Dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 15 anos, o Santo Domingo organiza unha nova edición do seu campus de baloncesto de verán, que terá lugar entre o 26 de xuño e o 2 de xullo. Ademais dos adestramentos de mellora cos adestradores do Santo Domingo, a piscina, as actividades acuáticas, o lecer en Marineda, o tentempé de media mañá, a roupa oficial do campus, o servizo de bus, as competicións e concursos, o clube prolongará o campus un día máis para acudir ao aquapark de Cerceda.

A clausura será o domingo co torneo 3×3 para participantes do campus na Praza García Irmáns.

As inscripcións poden facerse en TodoDeporte, na secretaría do CIP Vales Villamarín, no ANPA de Mondego e no web do clube.

Advertisements