Viaqua corta o subministro en Requián e Piadela por mantemento

Vista aérea da planta de tratamento de auga do Coto

Desde as nove da mañá ata a unha da tarde, previsiblemente, a traída deixará de funcionar en todos os núcleos de poboación das parroquias de Santiago de Requián e San Estevo de Piadela. Xanrozo, Requián, Montellos, Viúxe, Piadela, Guiliade e Viladesuso verán cortado o subministro de auga potable a causa de tarefas de mantemento que a concesionaria realizará nesa franxa horaria. O aviso foi remitido aos usuarios por sms e email, sempre que estiveren rexistrados na base de datos que a compañía ten habilitada para estes casos.

Advertisements