Aberto o prazo para inscripcións nos campamentos deportivos da Deputación

Vista da pista do pavillón municipal coa anterior pista

A Deputación organiza os Campamentos Deportivos de Verán, que se desenvolverán durante o mes de agosto, en quendas semanais, e dirixidos a nenos e nenas de 9 a 14 anos cumpridos neste ano 2017, é dicir, nados e nadas do 2003 ao 2008, ambos os dous incluídos. Os participantes do Concello de Betanzos irán na primeira quenda: do sábado 19 ao venres 25 de agosto. A estadía será no Centro Residencial Docente da Coruña, rúa Salvador Allende, 13, en Acea de Ama, Concello de Culleredo e as principais actividades deportivas que levarán a cabo serán, entre outras, actividades náuticas, equitación, tenis, sendeirismo, e tamén visitas culturais e veladas con xogos.

O prazo de inscrición xa está aberto e remata o venres 16 de xuño. As inscricións faranse no segundo andar da Casa do Concello de Betanzos, Praza da Constitución s/n, no departamento de Deportes. As prazas son limitadas e adxudicaranse por sorteo público entre todos os nenos e nenas inscritos dentro do prazo. A cota de inscrición para o Campamento Deportivo 2017 é de 85 €, que se ingresarán unha vez confirmada a praza no número de conta que determine a Deputación, sinalando o nome do/da participante, Concello de Betanzos e Campamento Deportivo Deputación da Coruña 2017. Para máis información pode consultarse a páxina web da Deputación da Coruña.

Advertisements