Esta fin de semana celébranse as VI Xornadas de formación sobre diversidade, centradas na igualdade e a coeducación

O Concello patrocina estas xornadas sobre educación en igualdade e coeducación, mais o goberno local mantén a coroación das raíñas das festas, cuestionada por sexista

Este venres e o sábado terán lugar, no Edificio Arquivo, as VI Xornadas de formación e sensibilización sobre a atención á diversidade, organizadas polo CEIP Francisco Vales Villamarín, a ANPA Brigantium dese centro, o IES Francisco Aguiar, o CFR A Coruña da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Betanzos, co patrocinio do Concello e a Obra Social de la Caixa e a colaboración de ACEBE e o grupo Santillana.

Nesta edición o tema escollido é a educación en igualdade e coeducación e está recoñecido pola Consellería de Educación como 12 horas de xornadas para a formación do profesorado Neste encontro entre docentes, familias e institucións participarán profesionais, asociacións e entidades que traballan a prol da dievrsidade e terá, ademais, actividades paralelas de carácter lúdico-cultural, coa actuación do contacontos Quico Cadaval e o concerto de Sofía Espiñeira.

Advertisements