O Consorcio renova os colectores do lixo

Moreas de lixo sen recoller

O Consorcio das Mariñas iniciou un plan de modernización do servizo de recolleita de lixo que inclúe a instalación de 1.200 contenedores na comarca. O programa, que inclúe aos nove municipios que conforman actualmente o ente supramunicipal, comezou a poñerse en marcha nos concellos de Oleiros, Culleredo e Cambre. O plan incluirá a extensión a Betanzos e Carral do modelo de carga lateral, co que se propicia unha recolleita máis rápida e efectiva, ao non ter que desprazar os contenedores. Tamén se instalarán novos contenedores de recolleita de papel e cartón.

Segundo informan desde o Consorcio, cambiaranse tanto os colectores de materia orgánica como inorgánica e retiraranse os de metal grandes. O órgano destaca que os novos contenedores de orgánico inclúen melloras, como que o pedal sexa opcional, e teñen un sistema de dobre bisagra para que a tapa póidase abrir polo lado máis pertinente en función das necesidades da rúa.

 

 

 

Advertisements