ACEBE celebra esta fin de semana Betanchef, o acto central da súa campaña de verán

A rúa do Rollo é unha das rúas máis comerciais da cidade

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos celebra na praza García Naveira esta fin de semana a campaña Betanchef, unha acción promocional que combina o reparto de máis de 1700 premios mediante un sistema de ruleta, con actividades de lecer infantil a través de obradoiros de cociña dirixidos por monitores, en horario de 17:00 a 21:00 h. e o sábado 3 de xuño tamén de 11:00 a 14:00 h. É a súa campaña de verán deste ano e como primeiro premio ten unha viaxe a Mallorca para dúas persoas, ademais de moitos outros agasallos para os clientes.

 

Advertisements