García deixa en mans da Coruña que os betanceiros poidan ir en bus ao centro da cidade

O goberno local do PSOE desenténdese do debate da mobilidade na área metropolitana dando por bo o que decida o goberno da Coruña

Os alcaldes de Oleiros, Cambre, Culleredo, Bergondo, Betanzos e a primeira tenente de alcalde de Sada deixaron onte en mans do goberno municipal da Coruña calquera decisión sobre o acceso dos buses da área metropolitana ao centro da cidade, ao manifestar o seu respaldo ao executivo coruñés para que exerza un control directo sobre esta iniciativa para evitar que afecte ao tráfico. Opóñense ao que consiedran un “plan unilateral” da Xunta e reivindican transformar en transporte urbano as liñas que cruzan as comarcas da Coruña e As Mariñas. Os rexedores e concelleiros do PSOE- Culleredo, Bergondo, Betanzos e Sada- préganse así ás exixencias de En Marea buscando tender pontes coa formación a costa de renunciar a defender os intereses dos veciños que os elixiron, que son diferentes aos da veciñanza da cidade da Coruña.

Os rexedores antepoñen así o interese do goberno local da Coruña ao dos veciños dos seus municipios e demandan que en lugar de abordar a definición do servizo na comisión de transporte metropolitano sexa realizada nunha conversa bilateral Xunta-goberno coruñés. Exixen, ademais, que a Xunta os reciba fóra da mesa do transporte metropolitano para falar sobre a súa alternativa.

“Se eu son alcalde da Coruña, aquí non entra nin Deus sen falar comigo” foi o exhabrupto co que o alcalde de Oleiros e presidente do Consorcio das Mariñas defendeu a postura do concello coruñés, acusando aos alcaldes do PP do Consorcio de “romper a unidade” nun tema que sempre evitou o organismo supramunicipal deliberadamente.

No pleno do pasado martes o PP presentou unha moción apoiando as teses da Xunta, que foi rexeitada cos votos de PSOE, BN e BeC e a abstención do BNG. O PP denunciou que nese pleno “el portavoz socialista brigantino, sorprendentemente, defendía la posición del gobierno de las mareas en A Coruña, en total comunión claro está con las Mareas( Betanzos Novo-Betanzos en Común)” dando “un claro ejemplo más  de su convencimiento de que en Betanzos existe un pacto entre Psoe-Mareas (Podemos) y por el cual cogobiernan en la ciudad”.

O PP indica que non lles colleu de sorpresa o voto contrario de BN “ya que su portavoz y líder, Hipólito Pérez, forma parte del departamento que tramita licencias urbanísticas en el Concello de A Coruña y en donde gobiernan sus compañeros de formación”.

No debate o voceiro do BNG denunciou que a Xunta e o PP usan o debate sobre o acceso dos buses ao centro da cidade para botar “unha cortina de fume” sobre o desmantelamento de liñas no interior da comarca. Afeoulle ao alcalde que “non teña un pouco máis de sangue e que dea por bo o que digan os alcaldes do Consorcio”, á vista das manifestacións do alcalde de Oleiros singularmente.

Advertisements