Xornal rexistra o mellor maio da súa historia cun crecemento do 19% sobre o pasado abril

Mes tras mes e pouco a pouco as cifras van amosando a consolidación do proxecto informativo de Xornal de Betanzos. O mes de maio que ven de rematar pechou cun incremento do 19% con respecto as estatísticas do pasado mes de abril, grazas ás 5616 visitas únicas rexistradas. Con respecto a maio do pasado 2016, supoñen un incremento do 6%. As cifras deste mes, cunha media diaria de 181 visitas únicas. Estes datos fan que o pasado mes de maio fose o mellor mes de maio da historia deste proxecto informativo, e amosan que pouco a pouco este proxecto informativo se consolida como fonte dixital de información de proximidade para Betanzos e os seus contornos, cumprindo un dos obxectivos fundacionais do proxecto.

A nova máis vista este mes foi, con 405 visitas únicas, que Aranga, Irixoa, Monfero e Vilarmaior uníronse para solicitar un centro de día, que xa ten un ano. A segunda foi o respaldo de En Marea ao goberno local de Miño para adiar a devolución do empréstito de 12,5 millóns, con 287 visitas únicas. En terceiro lugar situouse a reportaxe sobre o balneario do Bocelo, con 200 visitas únicas.

Desde que en xuño de 2009 este proxecto informativo comezou a andar atrevesou dous períodos de inactividade que se reflexan perfectamente na estatística histórica da audiencia. O cambio de dirección, a aposta por ampliar os contidos culturais e deportivos e a introdución de reportaxes sobre temas que non centran estrictamente a actualidade local ten sido ben acollida pola comunidade de lectores que dá sentido día a día á existencia deste portal informativo.

A última innovación polo momento foi o salto ás redes sociais, contando neste intre con 2694 seguidores na nosa páxina na rede social en Facebook e 963 seguidores na rede social Twitter, cun perfil de máis recente creación. En breves estaremos en disposición de anunciar novidades de calado no proxecto, mais polo de agora queremos agradecer o apoio dos nosos lectores e continuar informando do mellor xeito posible.

 

 

Advertisements