Arredor de 500 persoas en Sada contra a homofobia

Imaxe da concentración

Unhas 500 persoas participaron onte nunha concentración na Praza de San Roque de Sada en defensa dos dereitos dos homosexuais e para “dicir non” á homofobia. A concentración foi convocada polas redes sociais polo colectivo ‘Sada di non’ en resposta á polémica xurdida esta semana trala publicación do artigo ‘A homosexualidad é pecado’ na revista da asociación de empresarios de Sada, escrito polo secretario e tesorero da entidade, Eduardo Lorenzo.

No acto tamén participaron o alcalde de Sada, Benito Portela, membros do seu goberno e representantes  de en Marea, PSOE e BNG.

Na concentración interviron de forma espontánea varias persoas que esixiron respecto polas persoas homosexuais e reclamaron que tanto o autor do artigo como o presidente da asociación de empresarios de Sada, Bernardo Valiño, pidan desculpas públicas por un texto que xerou unha gran polémica.

Advertisements