Bergondo, a RAG e a asociación Suárez Picallo homenaxearán a Filomena Dato

Membros da AC Irmáns Suárez Picallo e da Real Academia Galega

A Asociación Irmáns Suárez Picallo de Sada proxectou realizar unha homenaxe á poeta Filomena Dato e sumouse á iniciativa o Concello de Bergondo xa que a autora estaba vinculada a Moruxo. Onte representantes da entidade e do Concello acudiron á Real Academia Galega para que apoiase a iniciativa. Co seu respaldo xa organizaron a homenaxe que será no cemiterio onde está enterrada Filomena Dato, aínda que aínda non se decidiu a data.

Filomena Dato foi oradora, xornalista, poeta e compañeira na loita feminista de Fanny Garrido ou Sofía Casanova.

Advertisements