O TSXG rexeita legalizar as obras do club de tenis da Pedralba en Bergondo

Imaxe das obras na Pedralba

Segundo publicou onte o xornal La Opinión o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ven de ratificar que o Concello de Bergondo actuou correctamente ao denegar a solicitude de legalización das pistas de tenis do complexo da Pedralba en Bergondo. A súa sentenza tamén ratifica a que emitiu en setembro de 2016 o Xulgado do Contencioso Administrativo Número 1 da Coruña. Tamén está pendente un recurso pola impugnación da licenza de obras.

Este complexo deportivo inicialmente eran dúas pistas de tenis que figuran como sistema xeral de equipamiento público na normativa urbanística actual, sen posibilidade de ampliación. Con todo ampliaronse malia as ordes de paralización e hoxe son tres pistas de tenis, dúas de pádel, vestiarios, cafetería, aparcamentos e vias de servizo.

O TSXG indicou quesó a través dun plan especial se podería legalizar. O BNG denunciara no seu momento estas obras sen licenza e mesmo chegara a trasladar a situación ao Parlamento Galego. Grazas a esta denuncia dos nacionalistas o goberno local do PSOE denegara a licenza.

Advertisements