Polémica en Betanzos acerca da participación veciñal nas ordenanzas

Imaxe do Concello de Betanzos

O Concello de Betanzos anunciou que someterá a consulta dos cidadáns, a través da sede electrónica municipal, as ordenanzas municipais con carácter previo á redacción do texto definitivo. Con esta iniciativa o goberno local pretende segundo indicou impulsar a participación pública e das organizacións máis representativas potencialmente afectadas polas futuras ordenanzas ou reglamentos. Este proceso de participación segundo o goberno xa se puxo en marcha na redación ordenanzas, a da escola municipal de folclore e de transparencia.

O BNG pola súa banda desmetiu que esta participación veciñal na redación das ordenanzas sexa algo que permita o PSOE, como di o goberno local na súa nota, senón que é unha obrigación legal establecida no artigo 133 da Lei 39/2015” explica Henrique del Río. “Non é algo que decida o goberno local, non é que de repente lles dea pola participación veciñal, simplemente é unha obriga legal e estanlle mentindo á xente ao pretender facer ver que é algo que o alcalde e o seu segundo permiten porque eles queren e cren na participación veciñal”, conclúe.

Advertisements