Adxudican o traballo de asistencia técnica para redactar un novo PEPOCH

O Casco Histórico en vista aérea desde a ría

A Xunta de Goberno Local de Betanzos adxudicou á empresa Centro de Observación e Teledetección Espacial, Cotesa, o servizo de asistencia técnica para a redacción do plan especial do casco histórico. O Executivo contratou os traballos por 50.620 euros (41.835 euros máis 8.785 de IVE). Os traballos saíron a licitación por 67.495 e Cotesa foi a mellor valorada das tres empresas que se presentaron ao concurso. O prazo de duración do contrato é de 15 meses a partir do seu formalización.

O goberno socialista optou por externalizar este servizo a pesar de contar no cadro de persoal do Concello con dous arquitectos, dous arquitectos técnicos e dous delineantes. Segundo o prego do contrato, a empresa fará a recollida e tratamento de datos e a redacción do novo PEPOCH será, sen embargo, a conta dos propios técnicos municipais. O goberno local non aclara por que motivo como traballo de campo previo non serve a actual normativa, catálogo de edificios e histórico de licenzas de rehabilitación concedidas polo propio Concello. Todos estes datos serían máis fidedignos e exactos que o que poida recoller a empresa percorrendo as rúas.

Advertisements