BN súmase ao BNG na demanda de conservar a fábrica da luz

A fábrica da luz desde a avenida da Coruña

Unha semana despois de que o BNG o denunciase no pleno, dúas desde a xunta de voceiros na que o alcalde trasladou aos grupos a solicitude de Fenosa para tirar a fábrica da luz da Ponte Nova, BN recordou que presentaran en 2015 unha moción pedindo a protección para o edificio.

Sen especificar exactamente que propoñen, reclaman “medidas” que “eviten” o derrubo do inmoble proxectado por González Villar para o que o BNG leva pedindo lustros catalogación e conservación.

Advertisements