O Edificio Arquivo acolle a mostra de poemas “Betanzos. Poesía no comercio”

A escalinata principal do Edificio Arquivo

Desde o 5 ata o 30 de xuño no primeiro andar do Liceo estarán expostas as máis de trescentas poesías elaboradas polo alumnado do CEIP Francisco Vales Villamarín con motivo do Día da Poesía e que se repartiron en máis de corenta establecementos adscritos á campaña “Betanzos. Poesía no comercio” durante os meses de abril e maio e coincidindo coa celebración do Día internacional do Libro e da Lectura e o Día das Letras Galegas

O Concello de Betanzos organizou esta campaña en colaboración con diversos comercios locais de cara a difundir as poesías que os máis pequenos e pequenas crearon e para espallar a importancia de diferentes datas sinaladas no calendario cultural. Foron moitos os establecementos betanceiros que participaron e aos que o Concello de Betanzos agradece a súa colaboración

Esta iniciativa pretende darlle a máxima difusión ás creacións poéticas do alumnado do CEIP Francisco Vales Villamarín grazas á colaboración entre o Equipo de Dinamización Lingüística do centro e as concellerías de Normalización Lingüística e Comercio do Concello de Betanzos.

Advertisements