O goberno betanceiro pide á Xunta “algunha medida” fronte ao xabarín

Un porco bravo

Danos en sembrados en Castro, Vista Alegre, Sarra e San Martiño levaron ao goberno local betanceiro a pedir ao xefe territorial da Consellería de Medio Rural que adopte “algunha medida” ante o problema que representa a presenza de xabaríns. Sostén o executivo local que a presenza destes animais tradúcese en danos e destrozos nas colleitas e un perigo para o tránsito rodado nas vías que atravesan estes núcleos.

O goberno local espera que a Consellería poida levar a cabo algunha actuación “que minimice os danos tendo en conta de que se constatou un incremento do número de xabaríns na zona protexida do río Mandeo e nos montes de San Martiño de Tiobre”.

Advertisements