Ouro para Rodrigo Germade e Óscar Carrera na Copa do Mundo de Belgrado

A Copa do Mundo de piragüismo de velocidade que se celebrou nos primeiros días de xuño na capital serbia, Belgrado, saldouse cunha grande actuación de tres padexeiros do Ría de Betanzos. A selección española volveu botar man dos deportistas galegos- en modo tal que o noso país sería unha potencia do remo de competir pola súa conta sen vestir o chándal estatal- e os padexeiros do clube brigantino brillaron con luz propia.

Así, Carlos Arevalo Lopez,  conseguiu o quinto posto na final de  K1-200m, mentres que Rodrigo Germade e Óscar Carrera subiron ao máis alto do podio para coller o ouro en K2-500m. Hai unhas semanas os tres callaron unha excelente actuación en Hungría.

Advertisements