Abegondo aprenderá a tratar doenzas das froiteiras nun curso en Crendes

AULA DE NATURALEZA DE CRENDES. ABEGONDO

O Concello de Abegondo organiza un taller específico sobre as pragas e enfermidades das froiteiras. Será impartido na Aula de Natureza de Crendes, na semana do 19 deste mes. As clases realizaranse, en concreto, de luns a xoves en horario de 19.00 a 21.30 horas.

No taller daranse a coñecer as principais pragas e enfermidades destas especies, os tratamentos máis frecuentes para combatelas e os métodos máis eficaces para previr a súa aparición. O custo para participar neste taller de formación é de 25 euros por persoa. A inscripción en realizarase por teléfono, a través do número de teléfono 686 35 28 66.

Advertisements