Betanzos viaxa a Silleda para participar en Festur ata o día 11

O Casco Histórico é o principal activo turístico de Betanzos

O Concello de Betanzos estará presente na quinta Feira de Festas de Interese Turístico, Festur, en Silleda, coincidindo coa celebración do salón Turístico de Galicia, Turexpo Galicia, desde hoxe ata o día 11.

Betanzos promoverá a Feira Franca Medieval, as festas de agosto e a tortilla cunha degustación e artigos como unha recreación do globo elaborada por alumnos do Vales Villamarín. Entre os atractivos que o goberno local venderá nesta feira non figura en lugar preferencial o Casco Histórico, a principal atracción turística da cidade, senón que o goberno se centra en festas.

Advertisements