Investigan un verquido ao río Maior, afluente da ría, en Bergondo

Imaxe dun verquido á ría desde a depuradora municipal de Betanzos o pasado decembro

Novo verquido ás augas que van parar á ría de Betanzos. O Servizo de Control de Vertidos da Xunta e a Policía Autonómica investigan a procedencia dun novo derrame ao río Maior, en Bergondo. Ao parecer, e segundo o Concello, o verquido provén dunha zona industrial da parroquia sadense de Soñeiro, lindeira con Bergondo. O goberno local indica, porén, que descoñece a orixe exacta do verquido.

 

Veciños de Bergondo sostivo onte que foi a súa formación a que deu a alerta do vertido e esixiu medidas ante os reiterados derrames ao río Maior.

Advertisements