Ferido grave nunha saída de vía en Oza

O cuartel da Garda Civil de Betanzos, na praza Alfonso IX

Pasadas as dúas da tarde unha persoa resultou ferida grave ao saírse da vía co seu vehículo en Oza-Cesuras. Un particular alertou ao 112, queq desprazou á zona  a Urxencias Médicas e Garda Civil de Tráfico. O ferido foi trasladado ao CHUAC.

Prácticamente á mesma hora, un traballador resultou ferido nas obras da pista deportiva de Lubre. Segundo informan desde o 112, sufriu feridas nunha perna “ao pasarlle encima unha máquina”. O operario foi trasladado ao hospital con feridas leves.

Advertisements