Bergondo celebra o Día da Xuventude unha semana despois da festa dos maiores

Festa dos maiores de Bergondo

Unha semana despois da festa dos maiores- que contou con misa, coro e xantar- o goberno bergondés organizou o Día da Xuventude, con actividades no albergue de Gandarío. Ao longo da tarde houbo diversas actividades, sendo unha das máis seguidas a clase de capoeira, na que participaron unha vintena de persoas. O bipartito PSOE- En Marea programou  ademais”formixogos” ou kajukenbo e anunciou xa que repetirá a festa o vindeiro ano.

Advertisements