A limpeza da fonte de Diana inclúe a retirada de 150 anos de esmalte que desvirtúan a estatua

A fonte de Diana

O Concello está a executar as obras de mellora da fonte Diana Cazadora, que este ano cumpre 150 anos de funcionamento. Os traballos inclúen o pintado da fonte, de fundición. “Nestes momentos están a sacarse as capas de pintura que tiña a fonte e que en moitas partes desta, polo grosor acumulado da pintura, facía que non destacasen detalles escultóricos da propia Diana Cazadora” explica o goberno local nun escueto comunicado publicado no web municipal. Nas redes sociais varias persoas cuestionaron que os traballos de limpeza e retirada da pintura se realizasen con radial.

 

Advertisements